A Asociación Española Contra o Cancro pondrá 25 mesas de cuestación en distintos puntos de Lugo este jueves

A Asociación Española contra o Cancro mobiliza a sociedade lucense este xoves 14 de maio, con motivo do Día da Cuestación, coa instalación de 25 mesas repartidas pola cidade de Lugo e a participación de máis de 150 persoas voluntarias. A iniciativa busca impulsar a investigación oncolóxica e reforzar a atención ás persoas afectadas pola enfermidade e ao seu entorno.
Durante toda a xornada, o voluntariado atenderá todas aquelas persoas que queiran colaborar coa causa mediante doazóns, ben a través de huchas físicas ou mediante Bizum no número 06492. Cada achega realizada durante o Día da Cuestación contribúe a soster a atención integral que a Asociación ofrece de maneira gratuíta a pacientes e familias.
Baixo o lema “Cando paras, movémonos contra o cancro”, a campaña pon o foco no valor dun xesto sinxelo como deterse ante unha mesa petitoria ou unha hucha, un acto que, aínda que pequeno, activa un movemento colectivo capaz de impulsar a investigación, mellorar a atención e xerar esperanza.
“Cando unha persoa se detén para colaborar, pon en marcha unha resposta colectiva fronte ao maior problema sociosanitario en España e no mundo. É a unión de todos contra o cancro. Cando ti paras, nós movémonos contra o cancro porque fronte a un problema que nos afecta a todos, a resposta tamén ten que ser de todos”, explica Ramón Reyes, presidente da Asociación Española contra o Cancro.
O cancro continúa sendo, a nivel global, o principal problema sociosanitario do mundo, xa que unha de cada dúas homes e unha de cada tres mulleres o padecerán ao longo da súa vida. Ante esta realidade, a Asociación volve facer un chamamento á implicación da sociedade para seguir avanzando na investigación co obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia no ano 2030 e reforzar a atención integral ás persoas afectadas e ás súas familias.