A Asociación Festas Santa Isabel celebra a Festa do Socio de Friol

A Asociación Cultural Festas Santa Isabel organiza o sábado 26 a tradicional Festa do Socio en Friol. A cita terá lugar no pavillón municipal a partir das 14:30 horas e reunirá veciños e veciñas arredor dun xuntar con polbo e carne ó caldeiro.
A celebración incluirá música, sorteos, agasallos e diversas sorpresas para animar unha tarde que busca ser un punto de encontro e convivencia.
A inscrición é obrigatoria para poder participar no xantar, cunha cota gratuíta para socios e un prezo de 3o euros para os non socios.
O prazo para anotarse remata o 2o de setembro e pode facerse a través a través de calquera dos membros da asociación.