A Asociación Lugo Monumental celebrará a Semana de Exaltación da Cultura e a Arte de Lugo en decembro

LugoXa
Este ano dedícase a Semana á Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, en recoñecemento ao gran labor que este centro desenvolve en favor de todas as artes
SECAL-2024-Lugo-Monumental
21 Nov 2024

A Asociación Lugo Monumental celebrará un ano máis a Semana de Exaltación da Cultura e a arte de Lugo (SECAL 2024), neste caso entre o día 5 e o 15 de decembro.

Cada ano, a SECAL dedicouse a un artista, Paco Pestana e Vázquez Cereijo en anos anteriores; e este ano 2024 dedícase a Semana á Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, en recoñecemento ao gran labor que este centro desenvolve en favor de todas as artes.

Como en anos anteriores, a mostra estará envorcada no apoio aos artistas, aos que se dará difusión nos locais que desexen expoñer a súa obra, sen que en ningún caso nin a Asociación nin os establecementos reciban ningún tipo de contraprestación económica pola súa colaboración.

demais de buscar o coñecemento do patrimonio e a arte lucenses mediante visitas guiadas, que se presentarán proximamente, a pedra angular desta semana é a promoción dos artistas en locais do centro histórico, unha difusión gratuíta que se dará aos artistas e que se concreta na cesión de espazos para a exposición da súa arte.

Así, pode participar calquera artista con independencia da súa procedencia ou idade (os menores deberán anexar un permiso por escrito dos seus pais ou titores) e se é seleccionado por algún local, poderá expoñer de forma gratuíta.

0.16771793365479