A Asociación Lugo Monumental organiza unha gala benéfica para recadar fondos para os afectados pola DINA

LugoXa
Baixo o nome de 'Calmando tormentas', o evento contará cun espectáculo de música e maxia o próximo 15 de novembro no auditorio Gustavo Freire
Calmando-Tormentas
8 Nov 2024

A Asociación Lugo Monumental organiza unha gala benéfica para recadar fondos para os afectados pola DINA, que terá lugar o vindeiro venres día 15 de novembro ás 21.00 horas no Auditorio Gustavo Freire, cedido polo Concello de Lugo.

Baixo o nome de 'Calmando tormentas', o evento contará cun espectáculo de música e maxia que é posible grazas á desinteresada colaboración de todos os artistas, técnicos e empresas que interveñen nesta iniciativa. A entrada será un donativo de 10 euros e a recadación destinarase aos afectados pola DINA a través da Cruz Vermella de Lugo.

Coordinados polo Mago Rafa, quen tivo a iniciativa deste espectáculo, participan os ilusionistas Dani Polo e o propio Mago Rafa e os músicos David Taboada, Jairo López Quiñoa e Iria Estévez, así como La Penúltima Sabinera (en formato acústico).

A xenerosidade das empresas colaboradoras, que achegan o seu traballo de forma totalmente desinteresada, fai posible esta gala. Ditas empresas son StormCloud, La Cosa Gráfica, Escóitame Produccións, TT Box. Buzoneos del Norte e Imprimate monográficos.

Así, desde este sábado día 9 ata o propio venres 15 ás 14.00 horas poderanse obter as entradas, que se poderán adquirir en cinco puntos de venda, que tamén colaboran desinteresadamente, e son Cruz Vermella de Lugo, Golosinas Ray, Estacionamentos Ánxel Fole e Cafetería San Marcos. Ademais, o propio venres pola tarde, a partir das 20.00 horas, poderanse adquirir as entradas no despacho de billetes do Auditorio.

Para aquelas persoas que non poidan acudir á gala ou queiran colaborar cun importe adicional, habilitouse unha Fila CERO, facendo unha transferencia ao número de conta seguinte, polo importe que desexen, co concepto 'FILA CERO CALMANDO TORMENTAS'. Conta bancaria no Banco Sabadell número ES17 0081 7630 1400 0132 8534 O total dos importes recibidos, sen descontos nin comisións de ningunha clase, será doado a Cruz Vermella Española para os afectados pola DANA.

0.1559739112854