A Asociación Más Debate organiza o I Torneo de Oratoria Letras Galegas en Lugo

LugoXa
Oradores e oradoras que destacaron nos atrís darán agora os seus primeiros pasos no outro lado da competición, guiando e apoiando ás novas xeracións
Torneo-Más-Debate-Lugo
23 Apr 2025

A Asociación Más Debate de Lugo celebra o vindeiro 10 de maio o I Torneo de Oratoria Letras Galegas, unha nova cita para dar voz ao talento novo, fomentar o pensamento crítico e poñer en valor a lingua galega.

Este evento, que se enmarca na programación arredor do Día das Letras Galegas, destaca non só pola súa aposta pola comunicación e a reflexión en galego, senón tamén por un detalle moi especial: moitas das persoas que foron protagonistas do Torneo Lugo Debate 2025 regresan agora como parte do equipo organizador e do corpo de xuíces.

Oradores e oradoras que destacaron nos atrís darán agora os seus primeiros pasos no outro lado da competición, guiando e apoiando ás novas xeracións.

Desde Más Debate destacan que formar tamén é medrar, e que a mellor maneira de seguir aprendendo é compartir aquilo que un día che foi transmitido.

Con este espírito, o torneo non só servirá como plataforma para novos talentos, senón como espazo de aprendizaxe colectiva e de continuidade dentro da comunidade de debate lucense.

⚙ Configurar cookies
0.12711596488953