A Asociación Mulleres de San Ciprián celebra mañá o San Andrés

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Nov 2019

A Asociación Mulleres de San Ciprián, en colaboración co Concello de Cervo, celebrarán mañá sábado, 30 de novembro, diferentes actos con motivo da festividade de San Andrés.

Para as 12.30 horas está prevista a celebración dunha misa cantada pola Coral do Centro de Iniciativas Turísticas de San Ciprián (C.I.T.).

A continuación, ás 14.30 horas, terá lugar unha comida no restaurante Buenavista e, xa pola tarde, dará comezo un baile na Casa do Mar a cargo do Dúo EPO-K.

0.14427089691162