A asociación Nordés do Vicedo prepara un encontro sobre alternativas no rural

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A asociación Nordés do Vicedo prepara un encontro sobre alternativas no rural que será o 29 de febreiro na Escola Unitaria de Folgueiro.
2020625CondeRozas1
20 Feb 2020

A asociación Nordés do Vicedo prepara un encontro sobre alternativas no rural que será o 29 de febreiro na Escola Unitaria de Folgueiro.

Esta xornada será unha mostra de iniciativas relacionadas co sector servizos na que explorarán os motivos da elección, coñecerán a fondo os proxectos, debatirán sobre os cambios e tipos de vida no rural e, por tanto, verán que é posible saír adiante nun entorno rural.

Para esta edición contarán con Alba Guijarro, de Eureka Actividades, Noa Orizales, de Contidos Dixitais, Claudia Frantzen, de Hidden Galicia e Uxío Rodríguez de Viveiro Surf Escola.

O encontro comezará ás 11.00 horas co faladoiro aberto onde se presentarán estas iniciativas e se abrirá un debate.

Xa a partir das 16.30 horas, un debate aberto onde se falará das oportunidades de vivir no rural.

Ás 14.30 horas será a comida, no Restaurante Area Grande praia de Area Grande, en San Román por 15 euros por persoa. O menú será de empanada de atún, mexilóns, pote mariñeiro, postres caseiros/tarta xeada, café e bebidas. As anotacións para o xantar poden facerse ata o mércores 26 no teléfono 653 75 64 54 (Ricardo) ou no mail asociacion.nordes@gmail.com.

A asociación Nordés do Vicedo ten entre os seus obxectivos dar visibilidade ao valores da comarca en varios campos, o patrimonio histórico, o patrimonio natural, o etnográfico, cultural, etc. En definitiva, dar a coñecer todo o potencial da comarca en torno á Serra da Faladora. Neste contexto, no 2018 comezou unha serie de actividades que tratan de mostrar diferentes alternativas de vida na nosa zona. Na primeira edición falouse das alternativas de emprego no sector primario (falando de agricultura ecolóxica, do sector forestal, etc). O ano pasado adicouse ás comunidades de montes, mostrando experiencias de Comunidades que están desenvolvendo un traballo moi bo noutras zonas de Galicia.

0.15822291374207