A asociación O Picato de Trabada renovará cargos e fará unha cea
A asociación O Picato de Trabada organiza a reunión de renovación de cargos o 11 de xaneiro. Así, a asociación celebrará eleccións e renovará os cargos da xunta directiva xa que tras a dimisión por motivos laborais en maio do presidente Israel Edrosa.
Durante a asemblea, os socios valorarán as responsabilidades ao afrontar o novo ano e a nova adxudicación dos cargos. Deixan o seu posto Lucía como vicepresidenta, Suevia como tesoureira, e Eugenio, Marigeles, Marisol, Jose como vogais.
Despois da reunión farase unha cea baile no Mesón Camiño Norte que terá diferentes prezos, así, os socios con cota familiar se asisten á asemblea antes, terán dous menús de balde e individual un menú. Tamén poderán asisitit os acompañantes por un prezo de 22 euros os adultos e 10 os nenos.