A Asociación Os Cinco Ríos do Corgo organiza o V Campionato de Tute

LugoXa
A inscrición para participar no campionato, que se fará por parellas, deberá completarse antes do 8 de marzo e terá un custo de 100 puntos
Campionato-de-Tute-O-Corgo-2023
9 Feb 2025

O vindeiro 15 de marzo terá lugar no centro sociocultural do municipio do Corgo o V Campionato de Tute, organizado pola Asociación Os Cinco Ríos.

A inscrición para participar no campionato, que se fará por parellas, deberá completarse antes do 8 de marzo e terá un custo de 100 puntos, que inclúe tamén a cea posterior.

A cea contará cun delicioso menú que inclúe entrantes, xamón cocido, churrasco, larpeira, café e bebida. Ademais, a cea está aberta tamén a persoas que non participen no campionato pero queiran unirse á celebración. O prezo para asistir á cea será de 15 euros para os socios da Asociación e de 20 euros para os non socios.

Os premios do campionato serán atractivos: 1000 puntos para a parella vencedora, 500 puntos para a segunda e 250 puntos para a terceira. Ademais, haberá premios para a repesca, cos seguintes galardóns: 500 puntos para o primeiro, 250 puntos para o segundo e 150 puntos para o terceiro. Na 2ª repesca, os premios serán aínda máis sabrosos: o primeiro levará 2 xamóns Torre de Núñez, os segundos recibirán 2 paletillas Torre de Núñez e os terceiros 2 queixos de Jamones Jacob.

Este evento, que combina a emoción do xogo co bo ambiente dunha cea festiva, promete ser unha cita de entretemento para todo o público.

⚙ Configurar cookies
0.16709089279175