A Asociación Peña Anda celebra a súa reunión anual coa participación de Alfonso Villares

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na reunión anual da asociación benéfica Peña Anda de Lugo, un encontro no que se puxo en valor o labor continuado que a entidade desenvolve desde hai máis de seis décadas a favor do asilo das Hermanitas dos Anciáns Desamparados da rúa San Roque.
Durante a reunión, Villares agradeceu o compromiso da asociación e destacou que se trata dunha das entidades pioneiras do voluntariado e da acción social en Lugo. "É un exemplo de permanencia que, á forza de ser útiles xeración tras xeración, fíxose merecedora do cariño da cidade e dun lugar imborrable na memoria colectiva lucense, como acredita a rúa que leva o seu nome", sinalou.