A Asociación Santa María do Campo e San Roque renunciou a organización das festas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dende a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, puxeron de manifesto a decisión de renuncia para continuar coa organización das Festas da Patroa e San Roque.
30 Xan 2020

Dende a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, puxeron de manifesto a decisión de renuncia para continuar coa organización das Festas da Patroa e San Roque. 

Os motivos que lles fixeron tomar esta decisión, foron unicamente de carácter persoal, e iso engadido ao número tan reducido de persoas que forman a comisión, fan que fora imposible continuar.

"Dicir que á espera de cobrar o 40% da subvención que temos pendente do Concello para realizar os últimos pagos, a Asociación queda libre de débedas e cun saldo en conta pendente de confirmar ata que estes se realicen, pero que estimamos nuns tres mil euros aproximadamente", din dende a asociación.

"Agradecemos o apoio a todos os veciños de Ribadeo e a todos os colaboradores que de maneira desinteresada nos axudaron a recorrer as rúas á hora de recadar donativos durante estes tres anos. Ó comercio, hostalería e establecementos que de maneira individual fixeron a súa aportación, e por suposto, ao Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia", engaden. 

Animan a que en breve se forme unha nova comisión para continuar con esta organización, que, aínda que leva moitas horas e moito traballo, tamén resulta moi gratificante cando o día 9 de setembro se comproba que todo saíu como esperaba nas festas. 

0.20082998275757