A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy organiza un obradoiro sobre desenvolvemento afectivo-sexual para familias

LugoXa
A actividade, dirixida a familias con crianzas de entre 5 e 7 anos, celebrarase o sábado 7 de novembro e será impartida por profesionais do Colexio de Enfermaría de Lugo
asociacion-socioeducativa-Antonio-Gandoy-Lugo
4 Nov 2026

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy organizará o vindeiro sábado 7 de novembro unha charla-obradoiro sobre 'Desenvolvemento afectivo-sexual', dirixida a familias con nenos e nenas de entre 5 e 7 anos.

A actividade terá lugar na sede da asociación e será impartida por profesionais do Colexio de Enfermaría de Lugo, que abordarán cuestións relacionadas co desenvolvemento afectivo e sexual durante a infancia.

0.17031097412109