A Asociación Veciñal Alexandre Bóveda Paradai visita A Estrada e Santiago

LugoXa
En Oca, visitaron o Pazo de estilo barroco de mediados do século XV, con diferentes reformas ata nos nosos días.
Asociación-Veciñal-Alexandre-Bóveda-Paradai
Asociación-Veciñal-Alexandre-Bóveda-Paradai
6 Xuño 2024

A Asociación Veciñal Alexandre Bóveda Paradai realizou unha excursión cultural o sábado 1 de xuño con destino ao Pazo de Oca na Estrada e a Santiago de Compostela. En Oca, visitaron o Pazo de estilo barroco de mediados do século XV, con diferentes reformas ata nos nosos días.

Foi unha visita con guía oficial que foi explicando as diferentes estancias do palacio así como a súa historia. Posteriormente, visitaron os seus xardíns, coñecidos como "os Versalles galegos". Despois da comida dirixíronse a Santiago de Compostela, realizando diferentes visitas como a Catedral e a casa museo coñecida como "Casa da Troya".

0.19210004806519