A Asociación Veciñal As Carballeiras realiza a súa primeira actividade pública na cidade

LugoXa
O colectivo inicia a súa actividade cunha ruta por Fingoi e o apoio do BNG
primeira-actividade-Asociación-Veciñal-As-Carballeiras-Lugo
9 May 2026

A Asociación Veciñal As Carballeiras estreou a súa actividade pública en Lugo cunha primeira iniciativa aberta á veciñanza.

O colectivo nace co obxectivo de sumar participación cidadá e defender os intereses dos barrios da zona sur da cidade, entre os que se atopan Fingoi, San Roque, Fonte do Rei, Augas Férreas, Montirón ou Fontiñas, entre outros.

A entidade pretende ademais renovar o mapa do asociacionismo veciñal lucense e impulsar novos espazos de traballo centrados nas necesidades da veciñanza.

Na súa primeira proposta pública, as persoas asistentes puideron participar nunha ruta polo barrio de Fingoi guiada por un guía local. A actividade, cunha duración aproximada de hora e media, incluíu visitas a diferentes puntos de interese do barrio.

No acto tamén participou o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, acompañado polo responsábel local da formación, Antón Bao, quen felicitaron ás persoas integrantes da nova asociación e lles desexaron sorte no seu desenvolvemento futuro.

0.13639807701111