A Asociación Xaquedrum abre as incricións para a súa Escola Deportiva de Xadrez

LugoXa
A Asociación Xaquedrum inicia unha nova tempada da Escola Deportiva de Xadrez que terá lugar desde o 16 de outubro ata maio, con grupos reducidos e moi variados xa que se ponden apuntar desde os rapaces de catro anos ata os adultos.
matricula xaquedrum
matricula xaquedrum
21 sep 2023

A Asociación Xaquedrum inicia unha nova tempada da Escola Deportiva de Xadrez que terá lugar desde o 16 de outubro ata maio, con grupos reducidos e moi variados xa que se ponden apuntar desde os rapaces de catro anos ata os adultos.

A matrícula dos socios será de 30 euros, prezo que non inclúe o pago das clases, que pode variar desde os 20 euros para unha hora á semana ata 10 euros máis no caso de dúas horas á semana.

Ademáis, este ano, a asociación organiza o quinto Torneo de Xadrez Disparatado, que terá lugar o próximo venres ás 18.00 horas na Praza Maior. O campionato levarase a cabo no xadrez xigante e durará dúas horas.

O Xadrez Disparatado é un xogo de cartas que inventaron os mozos da asociación que se desenvolven á vez que o xogo de xadrez.

Todas as persoas que se queiran inscribirse, pódeno facer hoxe como último día no mail xaquedrum@gmail.com.

0.17596411705017