A asociación Xuventude do Navia organiza unha nova edición do seu concurso de preguntas

A asociación Xuventude do Navia organiza unha nova edición do seu concurso de preguntas, desta vez cunha temática centrada na música, o vindeiro o venres 21 de febreiro ás 22.30 horas no Bar Recreo.
Os equipos poderán estar formados por ata cinco persoas, e o prezo colaborativo de 2 euros por persoa destinarase a seguir impulsando as actividades da asociación. Ademais, os organizadores lembran que o quiz consiste en preguntas e probas, pero non haberá que cantar, polo que animan a todos a participar.
Dado que o aforo é limitado, recoméndase avisar con antelación se se desexa asistir. As inscricións pódense realizar enviando un correo a xuventudedonavia23@gmail.com ou falando cun dos membros da asociación.
A actividade está pensada para que persoas de todas as idades poidan gozar e compartir un momento divertido. Ademais, se alguén quere participar pero non ten equipo, pode acudir igualmente, xa que se buscará unha solución para integralo nun grupo.