A atención primaria mariñá estará dous días de folga
Os médicos de atención primaria mariñá estarán os días 27 e 28 en folga.
Desde CIG-Saúde reiteradamente veñen denunciando o desmantelamento da atención primaria, a falta de orzamento e a súa subordinación aos obxectivos hospitalarios. E o mais grave, a eliminación de postos de traballo coa amortización de prazas nos últimos anos.
Tamén denunciaron "o grave problema que supón o importante número de xubilacións de persoal facultativo que se van a producir e a falta de planificación da Administración sanitaria para dar unha resposta que garanta a continuidade asistencial, en condicións de dignidade para a cidadanía e as e os profesionais".
Xa teñen manifestado que a situación na que se atopa a Atención Primaria precisa que se tomen medidas urxentes, mediadas esixidas, reiteradamente, por todos os colectivos profesionais de atención primaria, chegaría con que a Consellaría de Sanidade escoite as demandas dos profesionais.
CIG-Saúde entende que "a convocatoria de folga é a resposta dos profesionais ante o desmantelamento da atención primaria que está a provocar a Consellería de Sanidade, medida que esixe unha solución global para toda a Atención Primaria".