A Aula CeMIT de Barreiros acolle un webinar sobre ferramentas de control parental
A Aula CeMIT de Barreiros acolle un webinar sobre ferramentas de control parental e seguridade dos menores en entornas dixitais.
O 24 de setembro, de 18 a 19:45 horas, poden descubrir como xestionar ferramentas de control parental e protexer a navegación dos teus fillos.
Traballarase sobre os riscos que presenta Internet para os menores e ofreceranse unha serie de recomendacións, consellos e ferramentas para manter o control por parte das nais/pais do que fan as súas crianzas na rede.
O webinar poderá seguirse dende a Aula CeMIT de Barreiros, previa inscrición, ben na propia aula, ou chamando ó 666 875 946 en horario de 9:30 a 15:00.
Se se prefires ver o webinar dende o teu fogar podes inscribirte dende o seguinte enlace: https://bit.ly/32RpvuW
Estes webinars estaos a ofrecer a Rede de Puntos de Inclusión Dixital de Castela – A Mancha e comparteos con todas as Redes integrantes na Asociación Somos Dixital da que forma parte a Rede CeMIT.