A Banda de Antas despide cun concerto ao seu director

LugoXa
A Banda de Música de Antas de Ulla celebra este sábado un concerto de despedida para o seu director, Javier González Borrajo.
Concerto Banda Antas
5 Maio 2022

A Banda de Música de Antas de Ulla celebra este sábado un concerto de despedida para o seu director, Javier González Borrajo.

O Concerto que terá lugar a partir das 20 horas na praza Nova de Antas, irá acompañada dunha cea no Hotel Restaurante Val á que poderán acudir todos os que estean interesados. Así, hoxe é o último día para inscribirse nesta cea homenaxe que comezará ás 22 horas.

O menú de adulto serán 15 euros e o infantil 11. Para a reserva de entradas está a disposición da veciñanza o teléfono 982 379 393, onde tamén se ofrecerá toda a información que se requira.

0.12166595458984