A Banda Filarmónica de Lugo actuará no Aeródromo de Rozas o venres

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en asistir deberán enviar un mensaxe privado aos organizadores indicando o nome e o número de acompañantes
banda_filarmonica_lugo
25 Aug 2026

O vindeiro venres, a partir das 20.00 horas, o Aeródromo de Rozas, sede do Real Aeroclub de Lugo, acollerá unha proposta musical singular e ao aire libre. A Banda Filarmónica de Lugo será a encargada de protagonizar este evento titulado En clave de Sol, deseñado para ofrecer ao público unha experiencia musical diferente durante o anoitecer.

A actuación terá lugar no exterior do hangar principal do aeródromo, tendo os avións como orixinal escenario de fondo. Esta cita busca combinar a música en directo cunha contorna única e pouco habitual para este tipo de espectáculos.

A pesar de que a entrada ao concerto é totalmente gratuíta, a organización lembrou que o aforo é limitado. Por este motivo, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza previamente enviando un mensaxe privado aos organizadores indicando o seu nome completo e o número de acompañantes que asisitirán ao evento.

0.12474894523621