A basílica de San Martiño de Foz é a protagonista dunha reportaxe na revista Hola Viajes 2020

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Acia Foz segue coa súa promoción do municipio a nivel nacional.
26 Dec 2019

Acia Foz segue coa súa promoción do municipio a nivel nacional. A revista Hola Viajes 2020, 52 rutas por la España más bella y desconocida ofrece unha interesante reportaxe sobre a Basílica de San Martiño. O xornalista, escritor, arquitecto e viaxeiro incansable Enrique Domínguez Uceta escribe sobre Una Catedral y un sinfín de leyendas. Ría de Foz-Lugo, tras o seu paso pola Basílica, por Foz e por outros enclaves da Mariña nos últimos meses.

Domínguez Uceta escribe que “San Martiño de Mondoñedo, la catedral más antigua de España, es un bello templo románico situado en un paisaje único, junto a la ría de Foz y la costa Cantábrica. El entorno es rico en playas salvajes y en historias medievales, que hablan de celtas, suevos y bretones, que habitaron los mismos bosques mágicos y pueblos costeros que hoy vemos  en esta maravillosa comarca del norte de Lugo”.

O escritor e xornalista refírese tamén ao Centro de Interpretación de A Mariña Lucense (Cenima): “es un atractivo edificio moderno con información virtual sobre maravillas cercanas” e alude ao castro de Fazouro, ao Souto da Retorta, á fábrica de Sargadelos, ao porto pesqueiro de Burela e a Viveiro.

Domínguez Uceta propón visitar a zona entre abril e outubro e subliña que en Foz se celebra a Festa do Bispo Santo en maio e a Festa Normanda ao final do verán. Tamén fala de lugares para degustar a gastronomía da zona e para pernoitar. Na súa reportaxe de tres páxinas en Hola Viajes 2020 Enrique Domínguez Uceta recomenda non deixar de visitar O Fuciño do Porco.

A devandita reportaxe xurdiu despois da visita realizada a Foz por Enrique Domínguez Uceta, xunto a outros xornalistas en xuño de 2018, iniciativa promovida polo CCA de Foz e outras entidades da Mariña para dar a coñecer os principais atractivos turísticos da zona.

Desde Acia Foz o seu presidente, José Carlos Paleo, subliña que “pouco a pouco o noso traballo vai dando os seus froitos. Foz e A Mariña son protagonistas agora dunha reportaxe en Hola Viajes, ao igual que o foron antes en Marca Motor ou no libro Viajar por libre. 50 rutas en furgo por España, do xornalista Pedro Madera. O que perseguimos é que Foz e A Mariña sexan o máis coñecidos posible e que a xente saiba que calquera momento é bo para visitar e desfrutar desta terra”.

A revista Hola Viajes, de tirada nacional, publícase dúas veces ao ano, chega a milleiros de persoas e esgótase axiña nos quioscos.

0.075039148330688