A biblioteca das Pontes inicia un novo Reto Lector

TerraChaXa | LugoXa
O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, inicia unha nova edición da iniciativa O Reto Lector co obxectivo dinamizar a lectura entre os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal e entre aqueles veciños e veciñas que se marcaron como propósito de aninovo ler máis.
52300384_2478428828894877_4759803944224423936_n
25 Jan 2021

O Concello das Pontes, a través da Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, inicia unha nova edición da iniciativa O Reto Lector co obxectivo dinamizar a lectura entre os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal e entre aqueles veciños e veciñas que se marcaron como propósito de aninovo ler máis.

"Trátase dunha iniciativa que tivo moi boa acollida desde a súa posta en marcha. Desde o ano 2017 foron cada ano máis de 100 os ponteses e pontesas que participaron no reto lector. Logramos incrementar o número de socios e socias, aumentou a participación nas propostas dos Xoves na Biblio, movéronse libros que non tiñan moitos préstamos e naceron novos lectores e lectoras na nosa vila", apunta Vicente Roca, Concelleiro de Cultura.

Os veciños e veciñas que desexen unirse a esta iniciativa, que chega xa á súa quinta edición, deberán ler, no caso do público infantil, 12 títulos mentres que o público adulto (a partir dos 14 anos) deberán leer 14 libros do catálogo de fondos bibliográficos da Biblioteca Municipal.

Co obxectivo de facilitar a elección dos títulos, establecéronse varias categorías temáticas que permitirán aos lectores e lectoras organizar as súas lecturas e o seu calendario da forma que lles resulte máis cómoda, sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.

As categorías elixidas, no caso do público infantil, son un libro que sexa novidade na biblioteca, un libro de poesía, un álbum ilustrado ou un cómic, un libro escrito por Agustín Fernández Paz, un título de fantasía ou misterio e un libro de personaxes non humanas.

Asemade terán que ler un libro que trate sobre amizade ou compañeirismo, un título sobre o mundo das bibliotecas e a lectura, un libro que lle gustase a unha amizade, un libro temático, un libro que pertenza a unha colección así como un premio galego de literatura infantil

O público adulto terán que elixir 14 títulos entre eles unha novidade literaria que haxa na biblioteca, un libro de autor ou autora gañadora do premio Princesa de Asturias das Letras, un libro dun autor ou autora a quen se lle adicase o día das Letras Galegas, un clásico da literatura infantil, un libro de literatura galega publicado nos últimos anos, un libro de humor e un libro temático (cociña, ciencia, cine...)

Tamén terán que ler un título de poesía, un libro sobre As Pontes, que transcorra na comarca ou dun autor ou autora pontesa, un cómic ou novela gráfica, un título que sexa unha recomendación, un título con temática LGTBI, un libro escrito por unha feminista ou con temática feminista e finalmente un de Emilia Pardo Bazán ou sobre a súa vida e obra.

Co obxectivo de axudar a elixir un título para cada unha das propostas suxeridas, desde a Biblioteca Municipal realizarase unha selección de títulos que estarán a disposición dos lectores e lectoras nos andeis dedicadas ao reto lector. Os lectores e lectoras que logren completar o reto, ao finalizar o ano, recibirán un recoñecemento ao seu compromiso coa lectura.

0.16895794868469