A Biblioteca de Antas de Ulla acolle unha xornada de contos, música e maxia na Semana das Letras Galegas

LugoXa
Unha proposta dirixida á primeira infancia reunirá bebés, familias e contacontos este venres 15 de maio na Biblioteca Municipal
contacontos-caxoto
15 May 2026

A Biblioteca Municipal de Antas de Ulla converterase este venres 15 de maio nun espazo cheo de maxia, música e narración oral no marco da celebración da Semana das Letras Galegas, cunha actividade especialmente deseñada para os máis pequenos.

A partir das 17:30 horas, terá lugar a actuación “Levántate Xan!!!”, a cargo de Caxoto e “A Trastenda dos Contos”, unha proposta pensada para bebés de entre 0 e 3 anos na que se combinan historias, cantigas e elementos lúdicos para estimular a imaxinación e achegar a lectura desde as primeiras etapas da vida.

Nesta xornada tamén participarán os nenos e nenas da Galiña Azul e do Club de Bebés da Biblioteca Municipal, nun encontro interxeracional que busca reforzar o vínculo coa lingua galega e fomentar o gusto polos libros e pola narración oral desde a infancia.

A actividade desenvolverase na propia Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e forma parte da programación especial co gallo das Letras Galegas.

0.12490582466125