A biblioteca de Lugo acolle unha homenaxe á escritora Araceli Herrero

LugoXa
A biblioteca provincial de Lugo acolle o 29 de xullo a presentación do libro O sorriso de Lili, unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa.
cartel araceli herrero homenaxe
27 Xul 2021

A biblioteca provincial de Lugo acolle o vindeiro 29 de xullo a presentación do libro O sorriso de Lili, unha homenaxe a Araceli Herrero Figueroa, escritora e catedrática lucense.

O horario no que se levará a cabo é ás 18 horas e todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán chamar á secretaría da biblioteca para inscribirse, polas limitacións de aforo existentes.

Na presentación intervirán Valentín García -secretatio xeral de política lingüística-, Ramón Reimunde -escritor e profesor-, Nieves Villanueva -escritora-, Francisco José Silvosa -compañeiro-, Bernardo Penabade -escritor e profesor-, Gustavo Vázquez -fillo de Araceli- e Xulio Xiz -coordinador da obra-.

Unha homenaxe á docente que escribiu varias monografías e capítulos en libros sobre literatura, didáctica e ensaios sobre poetas galegos coma Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro o Ricardo Carvalho Calero, entre outras cuestións e que faleceu o pasado ano a causa da covid19.

cartel homenaxe araceli herrero
0.13097810745239