A biblioteca Lorenzo Varela de Monterroso acolle unha mostra de libros pop up
O Concello de Monterroso acolle dende hoxe, 31 de xaneiro, ata o vindeiro 4 de febreiro unha mostra de libros pop up. Os contos pop up son libros despregables, móbiles ou tridimensionais que aproveitan de maneira creativa as posibilidade do papel en 3D, facendo figuras, paisaxes e opcións de xogo con pregos, dun xeito que recorda á papiroflexia ou origami xaponés.
Trala recente celebración do día da ilustración, o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. A biblioteca Lorenzo Varela quixo formar parte desta data na que se pon en valor o traballo e creación destes profesionais onde cada ano se homenaxea a un ilustrador galego e ocasión, Reimundo Patiño nado na Coruña, terá unha mostra de libros pop up.
Os libros pop up son unha gran ferramenta para estimular a mente dos rapaces, desenvolver a creatividade, a motricidade, a escritura. Ademais, axuda a activar o interese aumentando a súa motivación.
DÍA DA ILUSTRACIÓN
O día da ilustración deste ano está adicada a Reimundo Patiño que foi un pintor e ilustrador de cómics galego. Desenvolveu unha linguaxe artística moi persoal, expresionista, informalista e surrealista. Na súa concepción dramática da pintura aparecen desde aspectos futuristas, a figuras que se moven entre o antropomórfico e o zoomórfico, ou elementos da tradición galega como a inconografía vinculada aos petróglifos. A obra artística de Patiño, incluída a ilustración, reflicte unha revolución permanente dun imaxinario moi persoal e cun colorido contrastado.