A Biblioteca Nodal acolle un obradoiro de robótica para nenos e nenas
A Biblioteca Nodal de Lugo acolle o vindeiro venres 18 de novembro un obradoiro de robótica experimental para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
Esta actividade busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores
A robótica é unha disciplina enmarcada no ámbito educativo que facilita o descubrimento da tecnoloxía e a programación, mediante unha aprendizaxe dinámica e divertida na que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots.
A actividade contará con dous pases, un ás 18.00 e outro ás 19.00 de 50-60 min de duración aproximadamente con un total de 12 prazas por sesión.
A inscrición previa pódese realizar na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982 828 329.