A Biblioteca Provincial acolle un obradoiro infantil de narración ilustrada

LugoXa
A Biblioteca Provincial acolle un obradoiro infantil de narración ilustrada de ficción para nenos de entre 6 e 12 anos
historias_sen_palabras obradoiro portada
26 Xan 2023

A Biblioteca Provincial de Lugo acolle o vindeiro 27 de Xaneiro o obradoiro Historias sen palabras impartido por Noemí López ás 18:00.

Destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos neste obradoiro daranse pautas para coñecer o traballo da narración ilustrada de ficción.

Os participantes irán seguindo ideas e “trucos” da profesión de ilustradora para a creación de personaxes e secuencias dunha historia en imaxes.

Conta cun total de 15 prazas e unha duración de 60 minutos.

A inscrición previa pódese realizar na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982828329.

historias_sen_palabras._noemi_lopez
0.10159111022949