A Biblioteca Pública de Antas de Ulla convoca o certame de poesía infantil Nadal 2021

LugoXa
A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de poesía infantil Nadal 2021
poesia escribir
8 Nov 2021

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de poesía infantil Nadal 2021 cuxas bases vén de facer públicas a través da páxina web do Concello de Antas de Ulla e das redes sociais oficias.

Nel, poderán participar todos os nenos e nenas, con poemas cuxa temática sexa O Nadal e haberá tres categorías : A: ata 8 anos; B: de 9 a 11 anos; e C; de 12 a 16 anos.

Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografados, escritos a computadora ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

O prazo de presentación dos poemas rematará o 30 de decembro de 2021, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros ou material escolar e os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2022.

0.18395590782166