A Biblioteca Pública de Lugo acolle un Concerto de Reis da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova

LugoXa
O Ensemble de Música Antiga interpretará unha selección de arias de O Mesías de Haendel nunha actuación con entrada libre
Concerto-Ensemble-Terra-Nova
14 Jan 2026

A Biblioteca Pública da Xunta na capital lucense será escenario este xoves, 15 de xaneiro, dun Concerto de Reis a cargo do Ensemble de Música Antiga da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova, unha cita cultural que levará ao público unha das obras máis emblemáticas do repertorio barroco.

A presentación do concerto celebrouse este mércores na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Orquestra, Nicolás Ravelli; a coordinadora do Ensemble e directora musical do concerto, Erea Blanco; e a soprano Louise Ryan, que formará parte da actuación.

Durante o recital, a agrupación interpretará unha coidada selección de arias de O Mesías (HWV 56), de Georg Friedrich Haendel, unha obra fundamental da música barroca que continúa a atraer públicos de todas as idades pola súa riqueza musical e o seu valor histórico.

O concerto dará comezo ás 20,00 horas no salón de actos da Biblioteca Pública da Xunta en Lugo e terá entrada libre ata completar a capacidade, ofrecendo así unha oportunidade aberta á cidadanía para gozar da música antiga nun espazo cultural de referencia na cidade.

⚙ Configurar cookies
0.078416109085083