A caída dunha árbore obriga a pechar a LU-P-2902 entre Lugo e Ombreiro

A estrada LU-P-2902, que comunica Lugo con Ombreiro, permanece pechada desde esta noite debido á caída dunha árbore de grandes dimensións á altura do punto quilométrico 1.
O corte da circulación afecta á vía en varios puntos. Un dos accesos permanece pechado á altura da ponte nova, en dirección a Carrefour, mentres que o outro se sitúa á altura do desvío de Galén.
A incidencia obriga a interromper o tránsito por este tramo da estrada provincial mentres se realizan os traballos necesarios para retirar a árbore e recuperar a circulación con normalidade.