A Casa da Cultura da Fonsagrada acollerá un taller tecnolóxico para rapaces en xuño

LugoXa
O taller ofrece unha oportunidade educativa clave para que a mocidade adquira competencias dixitais esenciais nun entorno cada vez máis conectado
Casa_da_Cultura-A Fonsagrada
16 May 2025

A Fonsagrada acollerá do 9 ao 12 de xuño o taller “Pueblo Digital: Navega de forma segura. Benestar Dixital, Fake News e Seguridade en Internet”, unha iniciativa dirixida a rapaces e rapazas de entre 11 e 14 anos coa finalidade de fomentar un uso consciente, responsable e seguro das novas tecnoloxías.

As sesións desenvolveranse en horario de 17:00 a 19:00 horas na aula CeMIT da Casa da Cultura da Fonsagrada, e abordarán temas fundamentais como o benestar dixital, a detección de noticias falsas e a protección da privacidade na rede.

As persoas interesadas poden inscribirse na propia Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982 34 02 45. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 21 de maio.

O taller ofrece unha oportunidade educativa clave para que a mocidade adquira competencias dixitais esenciais nun entorno cada vez máis conectado.

⚙ Configurar cookies
0.12712407112122