A casa da cultura da Pontenova acollerá un curso sobre técnicas de extracción de resina

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A casa da cultura da Pontenova acollerá desde o venres 11 ata o sábado 10 de outubro un curso sobre técnicas de extracción de resina de 60 horas.
zocas muimenta2
4 Sep 2020

A casa da cultura da Pontenova acollerá desde o venres 11 ata o sábado 10 de outubro un curso sobre técnicas de extracción de resina de 60 horas.

O curso desenvolverase os venres de 15 a 21 horas e os sábado de 8 a 14 horas na parroquia do Sagrado Corazón e será impartida por técnicos de Foresin e financiadas polo Agacal.

Este curso está destinado ás persoas vinculadas profesional cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos do medio rural galego.

Para poder asistir, tanto á xornada divulgativa como ao curso formativo, os interesados deben reservar a súa praza no email informacion@foresin.es ou chamando ao 680 208 320 ou 982 342 277.

Esta acción están financiadas polo Agacal a través da liña 1M01: Accións de transferencia de coñecementos e información (art. 14), Submedida: 1.1. apoio ás accións de formación profesional e adquisición de competencias do PDR de Galicia 2014-2020. Accións cofinanciadas co 75% FEADER. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17880797386169