A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle a presentación do libro 'Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa'

LugoXa
No acto, o grupo Zoelas interpretará o tema 'Corcosendo', que compuxo para este proxecto e interpretarase, ademais, un fragmento da obra 'María Visitación Consolación Amadora'
Proxecto-Corcosendo,-Instituto-de-Estudos-Ulloáns,-Vikar-de-Donas,-Dec-2023-cortada
30 Nov -1

A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle a presentación do libro Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa, o terceiro número da colección Ulloa Audiovisual publicada pola Sección de Audiovisuais do Instituto de Estudos Ulloáns.

O acto, que terá lugar as 19.00 horas desta tarde de sábado, 16 de novembro, contará coa participación de Iria Castro, responsable da área de Cultura da Deputación de Lugo; Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla; e Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns.

No acto, o grupo Zoelas interpretará o tema Corcosendo, que compuxo para este proxecto e interpretarase, ademais, un fragmento da obra María Visitación Consolación Amadora, coa intervención escénica de Aida Cobas (Loia Producións).

Tamén se proxectará a videocreación As mans núas de quen nos vestiu, do cineasta Xabier Mailán; e Verónica Ramilo explicará o proceso creativo das súas intervencións textiles que foron expostas nas exposicións de Corcosendo instaladas en Vilar de Donas, o pazo de San Marcos de Lugo e o castelo de Pambre.

O libro, integrado no proxecto Corcosendo, está editado polo Instituto de Estudos Ulloáns en colaboración coa Rede Museística Provincial da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo. Foi deseñado e maquetado por Numax; os textos e imaxes son das coordinadoras do proxecto Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela; os prólogos de Alba Geada, Olga Novo e Ana Pérez; os deseños de Azucena Pérez Souto e Malena Fernández; as imaxes adicionais de Vanesa Coucheiro, e as correcións de Andrea Santiso.

0.19719409942627