A Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea cotará cun obradoiro de Samaín para nenos e nenas de 3 a 16 anos

LugoXa | TerraChaXa
A iniciativa desenvolverase o luns 2 en horario de 9.00 a 14.00 horas e incluirá diferentes propostas lúdicas e creativas
taller-de-halloween-castro
29 Oct 2026

A Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea acollerá o vindeiro luns, 2 de novembro, un obradoiro especial de Samaín dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, cunha programación chea de actividades para gozar dunha xornada terrorificamente divertida.

A iniciativa desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas e incluirá diferentes propostas lúdicas e creativas, como manualidades monstruosas, elaboración de apócemas máxicas e xogos e retos espeluznantes.

A actividade busca ofrecer aos máis novos un espazo de lecer e diversión arredor da temática do Samaín, combinando creatividade, entretemento e xogos nun ambiente festivo.

O prezo da inscrición é de 15 euros para os participantes de 3 a 16 anos e de 20 euros para os madrugadores.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poden chamar ao teléfono 614 533 273.

0.10710000991821