A Casa da Xuventude de Lugo inicia a tempada de rutas cun percorrido entre Burela e San Cibrao

LugoXa
A actividade será este domingo 18 de outubro, con 14 quilómetros de dificultade fácil e prazas limitadas a 26 participantes de entre 14 e 35 anos
Camiño-Cantábrico-Burela-San-Cibrao
16 Oct 2026

A Casa da Xuventude de Lugo dará comezo este domingo 18 de outubro á súa nova tempada de rutas cunha andaina pola cuarta etapa do Camiño Cantábrico, entre Burela e San Cibrao. O percorrido será de 14 quilómetros, cun nivel de dificultade fácil e un trazado que discorre á beira do mar.

A saída está prevista para as 8:30 horas desde a Casa da Xuventude. A actividade é gratuíta e inclúe tanto o desprazamento como a comida, aínda que as prazas están limitadas a 26 participantes.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse presencialmente na Casa da Xuventude, de luns a sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. O prazo permanecerá aberto ata o sábado. Para obter máis información, está dispoñible o teléfono 982 297 444.

A proposta está dirixida á mocidade de Lugo de entre 14 e 35 anos e forma parte dunha programación que continuará nos próximos meses con novas rutas por diferentes espazos naturais da provincia. Ata decembro, están previstas actividades nas Terras do Miño, O Courel e Os Ancares.

0.15119695663452