A Casa das Insuas de Rábade acollerá este venres unha actividade para descubrir o mundo dos morcegos

LugoXa | TerraChaXa
Logo dunha charla, os participantes realizarán un paseo ata o río para tratar de escoitar e observar os morcegos no seu hábitat
morcegos-de-galicia
6 Oct 2026

A Casa das Insuas acollerá este venres, 9 de outubro, unha actividade divulgativa dedicada a coñecer máis de preto o mundo dos morcegos, organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e Morcegos de Galicia.

A xornada comezará ás 19.00 horas no auditorio da Casa das Insuas cunha charla introdutoria na que se abordarán diferentes aspectos relacionados con estes animais e coa súa importancia no medio natural. A actividade será impartida por Roberto Hermida, da AGCT e de Morcegos de Galicia.

A partir das 20.00 horas, os participantes realizarán un paseo ata o río para tratar de escoitar e observar os morcegos no seu hábitat. Para facilitar a súa localización e identificación empregaranse detectores de ultrasóns e visores térmicos.

A organización sinala que non é necesario levar ningún material específico e anima a participar a todas as persoas interesadas en coñecer mellor estes animais e gozar dunha actividade ao aire libre.

0.11688208580017