A Casa do Deporte de Lugo acolle o Campionato de España de balonmán na categoría de veteranos

LugoXa
Esta cita reunirá a máis de 100 participantes repartidos entre sete equipos de diferentes partes de España
alumeado do pavillón da Casa do Deporte
1 Nov 2024

O Club Polideportivo Lucense organiza o campionato de España de balonmán na categoría de veteranos este venres 1 e sábado 2 de novembro na Casa do Deporte.

Coa colaboración do Concello de Lugo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, sete clubes participarán nesta iniciativa que irán enfrontándose uns contra os outros ata chegar á final, que terá lugar o sábado 2 ás 19.45 horas.

Estes sete equipos estarán divididos en dous grupos: o A, formado por Alicante, Móstoles, Zaragoza e Navarra; e o B, formado por Santander, Xixón e Lugo.

O campionato acollerá o primeiro día a disputa de tres partidos e o sábado disputaranse catro partidos pola mañá, mentres que pola tarde serán os partidos da fase final e que decidirán a clasificación final do XLVII Campionato de España de Balonmán Veterano.

Esta cita reunirá máis de 100 participantes e desde o Club animan a todos os lucenses a participar do evento para desfrutar deste deporte.

0.21105885505676