A CEL informará este mércores sobre as axudas á dixitalización do Igape

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para mañá mércores 17 de xuño, en horario de tarde e no marco do programa CONECTA LUGO, financiado pola Xunta de Galicia a través do Igape, dúas actividades informativas e prácticas sobre procesos de transformación dixital nas pemes.
Concretamente, organiza un obradoiro presencial e práctico, en horario de 16:00 a 18:00 horas, sobre “Retos empresariais e innovación: conectando necesidades reais con solucións tecnolóxicas”, que contará coa participación de expertos en transformación dixital de empresas tecnolóxicas de referencia (como Nigal Nova Industria Galega, Proverbia Solutions, TripleAlpha ou NEWMIND), que achegarán as súas solucións tecnolóxicas e experiencia co obxetivo de favorecer o intercambio de ideas, identificar oportunidades de innovación e achegar tecnoloxías que poidan dar resposta a necesidades reais do tecido empresarial.
De seguido, de 18:00 a 19:00 horas, está prevista unha xornada informativa sobre axudas e financiamento para a transformación dixital, liña de apoio específica para pemes do Igape con prazo de solicitude aberto. Contará coa intervención do subdirector de Competividade Empresarial do Igape, Eladio Otero García, e a exposición dun caso experiencial.
As actividades son de acceso libre previa inscrición. Máis info en www.cel.es ou en https://conectalugo.cel.es/gl.
Ademais de actividades informativas e divulgativas, no marco da iniciativa CONECTA LUGO as empresas tamén pode solicitar asesoramento personalizado (www.cel.es ou chamando ao 982231150).