A CEL organizou en Lugo unha xornada informativa sobre o amianto e o radón

LugoXa
Jaime López, secretario xeral da CEL, lembrou na súa intervención que “está demostrado médicamente que a exposición ao amianto produce catro enfermidades"
xornada-amianto-e-radón-CEL-Lugo
26 Nov 2024

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organizou a xornada informativa 'Amianto e radón. Novidades, rochas, estratexias e medidas de protección e control para a seguridade e a saúde', financiada pola Xunta de Galicia.

A xornada, de carácter práctico e intensivo, foi inaugurada por Jaime Luís López Vázquez, secretario xeral da CEL, e contou coas intervencións de Marcos Fernández González, licenciado en Ciencias Químicas, técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais e de Xestión de Calidade; e Natalia Álvarez Diéguez, diplomada en Educación Social e tamén Master Universitario en Prevención de Riscos Laborais, ambos técnicos do Servizo de Prevención Saúde Laboral Galega.

Jaime López lembrou na súa intervención que “está demostrado médicamente que a exposición ao amianto produce catro enfermidades como fibrosis pulmonar (asbestosis), cancro de pulmón, fibrosis e placas pleurales, e mesotelioma maligno pleural ou intestinal”, entre outras patoloxías ou que “a exposición a radon é a segunda causa máis importante de cancro de pulmón tras o cigarro na poboación en xeral, e a primeira entre quen non fuman”, polo que o coñecemento e avaliación do risco destes “elementos de carácter silencioso e moitas veces descoñecido” resulta prioritario nas contornas laborais.

Subliñou asemade, como ven sendo habitual neste tipo de foros, a importancia de xornadas deste tipo para enraizar a prevención como “valor social”, contribuíndo así a sinistralidade e mellorando a seguridade e a saúde de todos.

Representantes de máis de vinte empresas e entidades relacionadas coa prevención de riscos déronse cita neste encontro, que pecha as accións divulgativas presenciais en materia de prevención organizadas pola CEL este exercicio.

No marco do marco das actuacións do Diálogo Social en Galicia, a CEL organiza este mércores, 27 de novembro, a xornada informativa 'Escenario laboral: novidades e retos', na que se abordarán, da man de expertos e representantes empresariais e da Administración Pública, e desde diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses.

Máis concretamente, o programa da xornada contempla a participación de Jorge Martín Branco, técnico do Departamento de Emprego, Diversidade e Protección Social da CEOE, que falará sobre o impacto nas pemes da proposta de redución da xornada laboral; Nicolás González Raposo, xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo, que se achegará a como afrontar unha inspección de traballo; Miguel Couto Alonso, asesor técnico de Sinistralidade e Absentismo da Mutua ASEPEYO, que abordará a problemática do absentismo laboral e o control de baixas médicas polas mutuas, e Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que informará sobre axudas á contratación e outros incentivos ao emprego.

0.16407895088196