A CHMS realiza traballos de conservación en ríos da comarca de Sarria, Meira e Baralla

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Estas actuacións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), supoñerán un investimento estimado de 90.000 euros
rios-chms
9 Jan 2026

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico inicia traballos de conservación e mellora de 13 km de leitos nos concellos de Sarria, Láncara, O Páramo, Meira, Baralla e Samos.

“Nun total aproximado de 13 km dos ríos Sarria, Miño, Porto da Pena, Neira, co obxectivo de minorar os riscos de inundacións en momentos de intenso caudal” explicou Quiroga, presidente da CHMS

Actuacións programadas co obxectivo de conservar e restaurar a hidromorfoloxía natural dos leitos para mellorar a súa resiliencia e adaptación ao cambio climático; consistentes na retirada de árbores, troncos e ramas tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume que provocaban numerosos taponamentos; así mesmo procederase á talla, partido, amontoado e retirada de múltiples árbores secas caídos ou en pé presentes nos tramos de actuación.

“Realizaranse, tamén, actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes en zonas concretas, a través de solucións baseadas en técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles” lembrou o presidente.

A utilización de técnicas e medios mecánicos (tráctel/tractor) limítase a zonas fose do leito, nunca desde o interior do mesmo, por outra banda, no caso de curtas de amieiros aplicaranse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

“As actuacións previstas contribúen a mellorar e restaurar o bosque autóctono de ribeira para recuperar a morfoloxía fluvial natural do rio, modificada, na maioría dos casos, por barreiras artificiais” concluíu Quiroga

O investimento estimado é de 90.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do do 60% do orzado; no marco do Programa Operativo 2021-2027.

Estes traballos enmárcanse no Obxectivo Específico 2.4, que pretende “Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas”, que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 “Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes “de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

⚙ Configurar cookies
0.079514980316162