Infraestructuras
Restablecido o subministro de auga na avenida da Coruña tras reparar a avaría á altura do número 224
O Concello completou a intervención na rede e centra agora os traballos na reposición da calzada, polo que a recuperación total da circulación aínda tardará varios días
O alcalde de Friol esixe á Deputación a reparación inmediata da estrada entre Narla e Lamas
O Concello trasladou formalmente estas deficiencias, acompañadas dunha memoria xustificativa e documentación fotográfica
O Concello prepara o corte de auga na avenida da Coruña co peche de varias chaves da rede
Os traballos realizaranse este martes entre as 10:00 e as 12:00 horas, mentres que a interrupción do subministro comezará o mércores ás 8:00 e poderá durar ata 12 horas
A Deputación investirá 239.052 euros na mellora de 4,1 quilómetros da estrada entre Longoira, Sixirei e O Pando
As obras na LU-P-0506, no concello de Baralla, terán un prazo de execución de catro meses e incluirán a renovación do firme, a limpeza das cunetas e a mellora da drenaxe
O Concello anuncia que reparará a fuga de auga da avenida da Coruña a partir do mércores 25 e prevé cortes de subministración de ata 12 horas
O luns iniciaranse os traballos de preparación e reordenación do tráfico á altura do número 224, onde se detectou a avaría nunha condución principal; se é necesario substituír un tramo da tubaxe, os problemas de abastecemento poderían prolongarse ata o xoves e afectar tamén a outras zonas da cidade
As obras de humanización da Rúa nº 85 cortan o tráfico durante oito meses
A vía que conecta a Rúa Río Eo coa Rúa Otero Pedraio permanecerá pechado á circulación de vehículos durante os traballos, que manterán o acceso peonil ás vivendas, garaxes e locais comerciais
A Deputación inicia a redacción do proxecto para reconstruír a ponte de Aceña sobre o río Navia
A empresa asturiana Noega Ingenieros dispón de oito meses para definir a nova infraestrutura, cuxas obras poderían custar arredor de dous millóns de euros
GaliciaXa
A Deputación de Lugo prevé aumentar en 400.000 euros os fondos para o Consorcio de Bombeiros en 2027
A proposta económica contempla novas prazas de bombeiros, cambios na estrutura operativa e unha revisión das condicións laborais, medidas que aínda deberán negociarse
Lugo licita por 3.000 euros o proxecto para sinalizar o Camiño Real ata A Retorta
A actuación abranguerá o percorrido desde o barrio de San Lázaro ata o límite con Friol e incluirá paneis informativos e sinais de orientación
A asociación A Rianxeira denuncia a paralización das obras da residencia de maiores da Milagrosa
A entidade veciñal reclama explicacións á Xunta pola lentitude dos traballos na rúa Curros Enríquez e pide un calendario concreto para a súa reanudación e finalización
O Concello de Lugo licita por case 29.000 euros unha nova área de xogos infantís na praza de Alacante
O espazo ocupará uns 85 metros cadrados e contará con catro elementos de xogo, un deles inclusivo, ademais de pavimento de seguridade e valado perimetral
San Fiz contará cun novo campo de fútbol artificial e un de rugby renovado
O proxecto inclúe seis vestiarios para equipos, iluminación LED e unha superficie de xogo certificada pola FIFA, mentres o PSOE reclama que se manteña o complexo deportivo integral inicialmente previsto
ADEGA leva ao debate público o impacto urbanístico sobre as nacentes do río Rato
A mesa redonda celebrarase este venres na Escola Politécnica Superior coa participación dunha arquitecta e un investigador especializado en ecoloxía
Eventos
O Concello de Lugo licita o proxecto para construír tres novas pistas cubertas de petanca en Frigsa
As instalacións terán dimensións regulamentarias e permitirán practicar este deporte durante todo o ano, atendendo ás demandas dos clubs Petanca Lugo e Petanca Muralla
O BNG de Lugo reclama que se complete a instalación das marquesiñas contratadas ante o estancamento do goberno local
A formación nacionalista denuncia que varios meses despois da súa adxudicación, varias das novas estruturas seguen sen colocarse por completo en distintos puntos da cidade
O PP de Cervantes denuncia que o goberno local impediu debater as melloras no centro de saúde de San Román
Os populares levaron ao pleno unha moción para reclamar reparacións na porta de entrada, a cerradura, as lousas e os canalóns, pero o executivo socialista rexeitou votar a súa urxencia
O BNG levará ao pleno a mellora do cruzamento entre Santo Graal e Angelo Colocci
Rubén Arroxo denuncia que o goberno local suprimiu as partidas previstas para esta actuación e anuncia iniciativas nas comisións de novembro para reclamar a súa execución
O PSdeG de Rábade pon en valor a última fase das obras da rúa Álvaro Cunqueiro
A Deputación financia con 18.783 euros esta nova intervención, que completa a mellora dunha vía moi utilizada pola veciñanza e eleva a 32.000 euros o investimento provincial
Miguel Fernández propón converter a antiga estación de autobuses de Lugo nunha residencia pública
O proxecto socialista aposta por rehabilitar o edificio para crear unha residencia de maiores e un centro de día, mentres que as antigas dársenas se transformarían nun bosque urbano interxeracional
O PP denuncia que unha ponte da LU-P-2405 en Guntín segue sen protección case dous anos despois de reclamar a súa reparación
Os populares alertan do risco de caída ao río pola falta de varandas e o afundimento da zona interior da estrutura e esixirán de novo unha intervención da Deputación









