A CIG acusa descoordinación na xestión laboral da residencia de maiores de Vilalba

TerraChaXa | LugoXa
A CIG vén de publicar un comunicado no que acusa á Residencia de maiores de Vilalba de "absoluta falta de coordinación e organización do traballo que afecta directamente ás condicións laborais do persoal e tamén á atención dos residentes".
21 Dec 2020

A CIG vén de publicar un comunicado no que acusa á Residencia de maiores de Vilalba de "absoluta falta de coordinación e organización do traballo que afecta directamente ás condicións laborais do persoal e tamén á atención dos residentes".

Segundo explican esta situación dase desde que se reorganizou o organigrama de traballo da empresa e que "as traballadoras do centro teñen que aguantar un tratao vexatorio e ás veces claras ameazas de despido por parte da responsable de organizar e coordinar o traballo, ademais de ter que cumprir ordes ben ou mal dadas".

Engaden tamén que o persoal non tivo medidas de provención e EPIs "pero esta situación agravouse a partires do inicio do contaxio" por iso critican "a pasividade da Xunta porque a intevención do centro se fixo de maneira extemporánea e despois porque non mudaron as nefastas condicións nas que o persoal presta os servizos".

A CIG acusa ao comité de empresa de non poñer freo a esta situación e insta á Consellería de Política Social a que asuma a responsabilidade política "de non permitir que os coidados, a saúde e a vida dos nosos maiores non reúnan as condicións e requisitos básicos en base a puros intereses económicos" polo que apela a que se cre unha Rede Pública de Servizos dos Coidados.

 

0.14890098571777