A Comisaría de Viveiro dispón de servizo de cita previa para renovar o DNI e o pasaporte
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Moitos dos concellos do interior da Mariña, sobre todo da zona central, seguen lembrándolles aos veciños que a Comisaría Local de Viveiro ten implantado o servizo de cita previa para a obtención ou renovación dos DNI e pasaportes, que se converte na única vía para tramitar a súa expedición.
22 Ago 2019

Marcando o teléfono 060, ou través de internet no enlace www.citapreviadni.es, accederase ao mesmo para solicitar, anular ou consultar citas ou simplemente pedir información sobre a documentación necesaria para a obtención de ditos documentos.
Dende 2016, as familias numerosas non terán que pagar taxas para obter ou renovar o DNI ou o pasaporte.
A oficina sitúase na Avda. Ramón Canosa, s/n, de Viveiro e o teléfono é o 982 570 662.