A contadora Ángeles Goás visita a Fonsagrada cos seus 'Contos de Nadal'

LugoXa
Dende o Concello da Fonsagrada organizan a terceira edición do concurso de decoración de fachadas e xardíns de Nadal
belen nadal estrela
17 Dec 2023

A contadora Ángeles Goás visitará o Concello da Fonsagrada para ofrecer a oportunidade de mergullar na escoita de historias de chemineas, nevaradas, agasallos, segredos... e de deixar que a maxia e a emoción destas festas invernais impregnen os nosos sentidos. Todo isto dentro dos 'Contos de Nadal'.

Esta actividade está incluída na programación Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística e será o xoves 28 de decembro no salón de actos municipal dos Chaos ás 18.00 horas.

0.19730997085571