A Coral Polifónica Sons do Farelo encherá Antas de Ulla de panxoliñas este sábado

LugoXa
A actuación, incluída na programación de Nadal da Deputación de Lugo, levará música e espírito festivo a distintos puntos do concello
Coral-Polifónica-Sons-do-Farelo-Antas-de-Ulla
16 Dec 2025

Antas de Ulla acollerá este sábado, 20 de decembro, unha tarde dedicada ás panxoliñas de Nadal coa actuación da Coral Polifónica Sons do Farelo, que ofrecerá un encontro musical pensado para encher o concello de ambiente festivo e maxia propia destas datas.

A primeira actuación terá lugar ás 16.00 horas nos arredores da Casa da Cultura, mentres que a segunda cita está prevista para as 17.15 horas nos arredores da Igrexa Vella. No caso de choiva, os concertos trasladaranse ao Salón de Actos e ao interior da Igrexa Vella, respectivamente, para garantir o desenvolvemento da actividade.

Este evento forma parte da programación de Nadal da Área de Cultura da Deputación de Lugo e busca achegar a música coral á veciñanza, ao tempo que se promove a convivencia e a participación cultural. Desde a organización animan a todas as persoas a achegarse e compartir este encontro musical, que serve como antesala ao espírito do Nadal en Antas de Ulla.

⚙ Configurar cookies
0.12433290481567