A curtametraxe O que queda de nós presentarase na Fonsagrada

LugoXa
O vindeiro sábado 7 de agosto, o salón de actos dos Chaos da Fonsagrada acolle a presentación da curtametraxe O que queda de nós.
cine aire libre
2 Ago 2021

O vindeiro sábado 7 de agosto, o salón de actos dos Chaos da Fonsagrada acolle a presentación da curtametraxe O que queda de nós. O filme trata dunha rapaza e dunha nai que saen xuntas a cazar e que, un día, perden os cans e situación remata por complicarse.

O evento comezará ás 18 horas. Primeiro realizarase a presentación do evento, a continuación a proxección da curtametraxe, seguido do maling off, do trailer e, para rematar, un coloquio sobre a curtametraxe. A duración do evento será dunha hora aproximadamente.

Por outra beira, para acceder será necesario contar con entrada, as cales se poderán reservar na Casa do Concello a partir do martes 3 de agosto, xa que o aforo é limitado. Así mesmo, teranse en conta as restriccións vixentes en materia sanitaria. Ademais, prégase aos asistentes con invitación que acudan con antelación.

cine lancara
0.1914279460907