A Deputación activa o operativo invernal esta tarde ante a previsión de nevadas

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Está formado, de partida, por 16 máquinas quitanieves, 8 pick ups con coitela, 8 vehículos todo terreo de apoio e 48 operarios
Dispositivo-provincial-nevaradas
5 Jan 2026

A Deputación de Lugo activou o seu operativo invernal ante a previsión de nevadas desde o 600 metros e de xeadas intensas a partir desta tarde especialmente no interior da provincia.

O dispositivo, que se despregará desde ás 17.00 horas, está formado, de partida, por 16 máquinas quitanieves, 8 pick ups con coitela, 8 vehículos todo terreo de apoio e 48 operarios, que traballarán para garantir a seguridade e a circulación nas estradas provinciais ao longo das vindeiras horas.

A institución conta tamén con 12 silos de sal repartidos polo territorio (Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil) e traballa de xeito coordinado coas 8 empresas dedicadas á conservación e mantemento da rede viaria provincial.

⚙ Configurar cookies
0.082574129104614