A Deputación celebrou o Día das Persoas Maiores nas residencias de Trabada, Pol e Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Oct 2019

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na programación especial que a institución provincial organizou para celebrar o Día Internacional das Persoas Maiores nas tres residencias que ten abertas, nos concellos de Pol, Trabada e Ribadeo. 

Rivera Capón achegouse ata a residencia de Pol, onde participou, xunto aos usuarios e usuarias, en diversas actividades pensadas para celebrar este día, co que dende a Deputación “nos sumamos á reivindicación das importantes achegas que os nosos maiores fan á sociedade, da necesidade de crear conciencia sobre as oportunidades e desafíos asociados ao envellecemento e de promover a súa atención, promoción e apoio”, subliñou o Deputado.

Un photocall, baile, bingo e obradoiros foron algunha das propostas das que gozaron os usuarios e usuarias das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo, ademais dun menú especial, que compartiron co responsable provincial de Promoción Económica e Social. Recibiron tamén como sorpresa unha mensaxe gravada de Xosé Ramón Gayoso, o famoso presentador do programa máis lonxevo da TVG, Luar. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20246386528015