A Deputación comeza as obras para reparar a estrada de Martín, en Baleira

LugoXa
A Deputación anuncia que hoxe dan comezo as obras para reparar a estrada de Martín, en Baleira, danada polas choivas
Carretera Baleira Corte
Carretera Baleira Corte
27 mar 2023

A Deputación de Lugo acomete as obras para reparar as estrada provincial LU-P-0406, de Martín a Crende, no concello de Baleira, que resultou danada polas choivas.

A institución inviste preto de 130.000€ nos traballos, que obrigan a cortar a vía dende hoxe luns, 27 de marzo, e durante un prazo máximo de tres semanas á altura do punto quilométrico 2,700, para restituír o sostemento da vía neste punto.

A comezos de marzo realizouse un estudo xeotécnico para coñecer o estado da estrada e posteriormente poder realizar os traballos que agora se levarán a cabo.

Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos.