A Deputación da Coruña financiará as obras do polideportivo do Monte Caxado
A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no seu Pleno do mércores, 30 de decembro, un convenio polo que achegará unha partida de 180.000 euros para a renovación integral do pavillón polideportivo do antigo colexio Monte Caxado das Pontes, unha obra na que se repartirán o orzamento entre o organismo provincial e o Concello.
O plan ascende a 228.796,59 euros, polo que a Deputación asumirá o 78,67 % do custo. O obxectivo desta obra é a rehabilitación da cuberta, que perderá a súa actual fibra de cemento.
Ademais, retirarase o falso teito na zona da pista polideportiva para substituílo por un panel con illamento interior. Do mesmo xeito, incorporaranse dous aireadores para mellorar a renovación do aire e procederase á rehabilitación de gran parte da fachada e instalarase un novo pavimento deportivo de zona elástica, á parte de renovar a iluminación.